Edición 2014

    
IV OLIMPIADAS DO CAMPO  

CLASIFICACIÓN FINAL

Os afoutos atletas que acadaron a gloria olímpica nesta IV Olimpiada do Campo de Matamá, son os seguintes:

LANZAMENTO DE SACHO

Mulleres

1ª LUCÍA FERNÁNDEZ -------------------------------------- 12,70 m
2ª MARÍA CASTAÑO ----------------------------------------- 10,72 m
3ª CHELO IGLESIAS ----------------------------------------- 10,11 m
ROSA IGLESIAS ------------------------------------------------ 10,10 m
XOANA SANTOS (Estrugas Salvaxes) -----------------------  9,59 m
MERCHI COMESAÑA ------------------------------------------ 8,89 m
CRISTINA BASTERO ------------------------------------------- 7,45 m
ESTELA SUÁREZ (Estrugas Salvaxes) ------------------------ 7,15 m
VANESA BARCIELA (Aguiluchos y buitrillos) -------------- 6,70 m

Homes

1º GUSTAVO CHAMORRO----------------------------------- 21,70 m
2º EVARISTO FREIRÍA---------------------------------------- 21,65 m
3º JAVIER FERNÁNDEZ -------------------------------------- 20,21 m
ALEJANDRO ABALO ------------------------------------------- 19,70 m
RAFAEL COMESAÑA ------------------------------------------- 19,64 m
MANUEL COSTAS ----------------------------------------------- 17,15 m
DANIEL SOTELO ---------------------------------------------------- 12 m


LANZAMENTO DE BOINA

Nen@s
1ª ANDREA (Pijas na leira) ------------------------------------ 9,30 m
2º MARIO ---------------------------------------------------------- 9,15 m
3ª REBECA (Pijas na leira) ------------------------------------- 8,71 m
MARTA -------------------------------------------------------------- 4,34 m
MANUEL ARAÚJO ----------------------------------------------- 3,40 m
ANTÓN -------------------------------------------------------------- 3,20 m
ÁFRICA GONZÁLEZ --------------------------------------------- 2,85 m
MAURO -------------------------------------------------------------- 2,80 m
PEDRO --------------------------------------------------------------- 1,35 m
 


Absoluto

1º YOEL ------------------------------------------------------------ 14,91 m
2º DANIEL VÁZQUEZ ----------------------------------------- 13,74 m
3º RAFA COMESAÑA ------------------------------------------ 12,88 m
 RUBÉN MOREIRA ---------------------------------------------- 12,72 m
EVARISTO FREIRÍA--------------------------------------------- 12,05 m
ROBERT SEALE ----------------------------------------------------- 12 m
MANUEL VÁZQUEZ --------------------------------------------11,73 m
GONZALO CONDE ---------------------------------------------- 11,42 m
GUSTAVO CHAMORRO ---------------------------------------- 10,73 m
AGNIESKA JANVIRA ------------------------------------------- 10,59 m
MARCOS ESCUDERO -------------------------------------------10,11 m
NATALIA ÁLVAREZ ---------------------------------------------- 9,93 m
MILA VILA --------------------------------------------------------- 9,78 m
XOAN A. FERNÁNDEZ ------------------------------------------- 9,12 m
MERCHI COMESAÑA --------------------------------------------- 9,05 m
XOANA SANTOS --------------------------------------------------- 8,93 m
CARLA GONZÁLEZ ----------------------------------------------- 8,88 m
RUBÉN BOUZA ----------------------------------------------------- 8,62 m
CRISTINA BASTERO ---------------------------------------------- 8,03 m
MANUEL RODRÍGUEZ ------------------------------------------- 7,50 m
Mª DEL MAR GONZÁLEZ ---------------------------------------- 6,95 m
ESTELA SUÁREZ --------------------------------------------------- 6,80 m
Mª RODRÍGUEZ ----------------------------------------------------- 6,20 m
AIDA MÉNDEZ ------------------------------------------------------ 6,05 m
ISMAEL MARCOS -------------------------------------------------- 5,64 m
CRISTINA MAGÁN ------------------------------------------------- 5,25 m
ALBA GARCÍA ------------------------------------------------------- 4,80 m
FERNANDO ÁLVAREZ --------------------------------------------- 4,33 m
JUAN VÁZQUEZ ----------------------------------------------------- XXX
MARCOS GUTIÉRREZ --------------------------------------------- XXX
VANESA GÓMEZ ---------------------------------------------------- XXX
VANESA BARCIELA ------------------------------------------------XXX



DEBULLAR O MILLO

Nen@s
1º GAEL ------------------- 396 grs.
2º REBECA --------------- 310 grs.
3º ANDREA --------------- 300 grs.
DIEGO ---------------------- 297 grs.
 ALBA ----------------------- 181 grs.
JAIRO ----------------------- 121 grs.
DANI ------------------------- 71 grs.
SAMUEL -------------------- 60 grs.
MIGUEL --------------------- 45 grs.
ROI ---------------------------- 43 grs.
LEILA ----------------------- 25 grs.


CARREIRA DE MILLO EN PADIOLA

1º RAFA/ADRIÁN (Choupa)
2º PEQUENO/XOANA (Estrugas Salvaxes)
3º ROBERTO /MARCOS (Festa da Prehistoria)


CABALEIROS DAS CUNCAS

1º RAFA E COMPAÑA (Os de Campos)
2º JOSE LUIS / ROBERTO (Festa da Prehistoria)
3º ESTELA / XOANA (Estrugas Salvaxes)


TIRO DE CORDA

1º A CHOUPA
2º AGUILUCHOS Y BUITRILLOS
3º FESTA DA PREHISTORIA
FALO GALEGO


DESPRAZAMENTO DE MARCO

1º GUSTAVO / ANTONIO (Aguiluchos y buitrillos)
2º ARDILLA / DANI (A Choupa)
ESTELA / PEQUENO (Estrugas Salvaxes)
DAMIÁN / MARÍA (A Portela)
RAFA / ADRIÁN (Os de Campos)
ROBERTO / MARCOS (Festa da Prehistoria)



VIDEO PROMOCIONAL OLIMPIADAS DO CAMPO MALAHERBA 2014,
      FESTA DA SEMENTEIRA 2014






  As cuartas Olimpiadas do campo do colectivo Malaherba, celebraranse o día 26 de Abril no primeiro dos dous días da Festa da Sementeira que se celebrará nas inmediacións do muíño da Regueira(Matamá-Vigo).

  O Sábado 26 de Abril, como acto de inauguración das Olimpiadas do Campo e da Festa da Sementeira, temos pensado prender a chama Olímpica nos arredores do muíño da Regueira. E como non, antes haberá percorrido olímpico co facho. A todos os deportistas de campo ou non....QUEN SE APUNTA A FACER UN RELEVO OLIMPICO DE CAMPO, ESCOLTADO POR CHIMPINS????
   A lonxitude do percorrido dependerá do número de corredores dispostos a pasear o lume olímpico polas rúas de Matamá, e o tramo no que portará o facho cada corredor rondará entre os 100 e os 500 metros. O lume chegará ao Muíño da Regueira ao redor dás 16:00 H.(o percorrido se realizará a partir das 15:00H.), intre no que se inaugurarán as olimpiadas do Campo e a festa da Sementeira.
    Ponte en contacto con nós, canto antes, se estás interesado en portar o facho olímpico en
colectivomalaherba@gmail.com
AQUÍ VOS QUEDAN AS BASES DE PARTICIPACIÓN NAS IV OLIMPIADAS DO CAMPO que organiza o Colectivo Malaherba e que terán lugar o sábado 26 de abril dentro da programación da Festa da Sementeira do Millo na edición do ano 2014.
 Para participar, mandar un email a: colectivomalaherba@gmail.com ; Indicando: o voso nome e/ou alcume nas probas individuais e por parellas, e un telefono de contacto. Nas proba de equipo deberedes dar o nome do equipo e se sodes dalgun colectivo reseñalo tamén. Deberedes comunicar en que probas queredes participar. Poñede de onde sodes, e se sodes dalgún colectivo reseñalo, tamén. No caso dos nenos, poner a súa idade.
 E lembrade que as prazas son limitadas.
 Saúdos e sorte!!  
Para participar nas OLIMPIADAS DO CAMPO, será imprescindible que cada participante firme a "advertencia legal" que narramos a continuación:

Advertencia legal:
O Colectivo Cultural Malaherba no se fai responsable dos danos sufridos polos participantes en dita actividade(IV Olimpiadas do Campo ) , asumindo cada participante a responsabilidade dos posibles danos que poidan ser causados aos mesmos.

SENDO OBRIGATORIO PARA PARTICIPAR nas IV Olimpiadas do Campo (ano2014 ):
  que cada participante firme  (Incluindo nome e DNI) antes de comezar a súa participación en dita actividade(IV Olimpiadas do Campo)o seguinte escrito:

Coñezo e comprendo os riscos derivados da participación na actividade descrita (IV Olimpiadas do Campo), comprometéndome á realización da mesma,  na forma indicada pola persoa integrante da organización e renunciando expresamente a efectuar cualquera reclamación futura dos perxuizos que poidan ser ocasionados co o obxeto da realización de dita actividade.


   As inscricións están abertas nas seguintes modalidades:

-Desprazamento de marcos (por parellas):

Nesta proba, cada unha das parellas participantes deberán desenterrar un marco e trasladalo ata o lugar indicado pola organización, deixándoo correctamente colocado e soterrado ata a marca disposta no marco. Os participantes contarán coa axuda dunha pa para a realización desta proba. 
A clasificación realizaráse en función do tempo empregado para mover o marco de forma correcta.

   -Lanzamento de Boina (individual):

   O lanzamento de boina debe realizarse desde detrás da marca posta pola organización, (sen pisala), en posición estática e sen levantar ningún dos pés do chan. Non está permitido facer unha bola coa boina. Para que o lanzamento sexa válido, terá que caer dentro do espazo delimitado polas marxes laterais. Haberá unha ronda de clasificación, pasando á final os que superen a marca establecida pola organización. Gañará o que lance a boina máis lonxe cun lanzamento válido. O número de lanzamentos 1 por participante.


-Lanzamento de Sacho (individual):

  O lanzamento do sacho debe realizarse por detrás da marca posta pola organización, en posición semi-estática (sen tomar carreira e sempre cun dos dous pés sobre o chan) e sen pisar a raia. Para que o lanzamento sexa válido terá que caer dentro do espazo delimitado polas marxes laterais. Haberá unha quenda de clasificación na que se debe superar a marca establecida pola organización. Na fase final serán medidos os lanzamentos, gañando aquel/a que máis lonxitude alcance. Tomaránse as medidas de lonxitude dos lanzamentos a partir da posición do ferro do sacho, independentemente da posición que presente o mango. O número de lanzamentos será de 1 por participante.


  -Carreira de carreira de sacos de Millo con padiola (por parellas):
Cada unha das parellas participantes deberán transportar nunha padiola un saco de 50 Kg ao longo do percorrido disposto pola organización, sendo totalmente obrigatorio desprazarse co saco colocado na padiola. No caso de caer o saco ao chan, deberán pararse no mesmo lugar no que se atopen, e colocalo na padiola antes de volver á carreira. Clasificaránse os primeiros postos e os mellores tempos de todas as quendas.  



- Debullar o millo (individual):

  Os participantes deberán debullar a maior cantidade de millo no tempo estipulado pola organización. Acabado o tempo, será pesado o millo debullado polos participantes, gañando o que mais peso acade.


- Cabaleiros das cuncas (por parellas):

  Carreira por parellas, na que un irá ás carranchapernas do compañeiro transportando unha cunca chea de viño. O obxectivo será trafegar o viño contido nun recipiente situado na zona de saída, ata outro recipiente situado na zona de chegada. Os participantes deberán ir dacabalo cando transporten as cuncas cheas, unha vez baleiradas poden volver correndo. Tamén será obrigatorio encher as cuncas antes de subir ao cabalo. A parella que consiga encher antes o seu recipiente gañará a proba.


- Tiro da corda (equipos de 5):

  Equipos de 5 persoas, cada equipo turra para o seu lado, tratando de meter o pano atado no medio da corda na súa zona e conseguindo así a vitoria.

Modalidades para nenos:

 - Debullar o millo
- Lanzamento de boina
- Cabaleiros das cuncas.


   

No hay comentarios:

Publicar un comentario