A Historia


  Levabamos tempo, dandolle voltas á idea de facer unha competición na que o medio rural fose o gran protagonista. Sachos, carretillas ou boinas, tiñan que ter o seu oco na historia olímpica...e nada, como a xente do C.O.I. andaban demasiado ocupados coas súas cousas, decidimos montalas nós, como non, en Matamá(Vigo).
   No ano 2009 , aproveitando a celebración da FESTA DO RURAL, o Colectivo Malaherba decidía organizar as  primeiras Olimpiadas do Campo. 
   Eran tres as probas que se ían celebrar nesa primeira edición: lanzamento de sacho, lanzamento de boina e carreira con carretillas. 
Despois de dous ano  sen facelas, a partir do 2012, continuríamos coas Olimpiadas do Campo, agora xá incluída na programación da Festa da Sementeira do Millo, festa que organiza o Colectivo Malaherba no Muíño da Regueira(Matamá-Vigo). Convertindo ás Olimpiadas do Campo nunha das actividades máis concurridas de dita festa.
Co paso das edicións,o número de probas iría aumentando. Incorporándose ao calendario de probas, o tiro da corda, o debullamento de millo,o cabaleiro das cuncas, desprazamento de marco...
O número de participantes tamén vai aumentando ano tras ano, como exemplo decir que no ano 2013 os inscritos superaron o número de 200.



No hay comentarios:

Publicar un comentario